O Defensor do Paciente pide á Fiscalía que investigue a situación das residencias de maiores

A asociación pide "depurar responsabilidades" ante as "irregularidades garaves" que se produciron cos anciáns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A asociación o Defensor do Paciente pediu á Fiscalía de Galicia que investigue a situación das residencias de maiores ante o elevado número de casos e falecidos con coronavirus (máis de 700 entre usuarios e traballadores).

Nun comunicado remitido aos medios, a entidade que preside Carmen Flores insta o Ministerio público a "depurar responsabilidades" en todos os casos nos que se produciron "irregularidades graves" cos anciáns. A asociación censura que as residencias "nin contratan nin poñen os medios" necesarios para garantir cuestións como a intimidade ou a dignidade.

O Defensor do Paciente sinala que a súa petición de investigación á Fiscalía "está fundamentada" no artigo 262 da Lei de Enxuizamento Criminal que apela a denunciar os delitos dos que tivesen coñecemento.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense). Rosa Veiga - Europa Press
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense). Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta