Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 20:55
Axentes da Garda Civil interceptaron a un veciño de Verín que circulaba borracho no seu vehículo e cuadriplicando a taxa de alcoholemia. En concreto, o condutor foi sorprendido esta madrugada por un control no quilómetro 1 da N-532, no centro urbano do municipio, incumprindo as medidas de confinamento decretadas con motivo da alerta sanitaria. "Aburriame", explicou.
Cando os axentes lle preguntaron pola súa xustificación, o home manifestou que se aburría de estar encerrado no seu domicilio e que se dirixía a casa dun amigo "a tomar algo". O condutor xa fora denunciado previamente por incumprir o confinamento o pasado 21 de marzo.
Doutra banda, un veciño de Oímbra foi sorprendido en Videferre bébedo ao volante o 9 de abril sobre as 22,00 horas, e denunciado por condución temeraria e alcoholemia positiva, tras tentar fuxir dos axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.