Os xestores alertan de que o atraso na resolución dos ERTES vai levar a moitas pemes á quebra

PSdeG e Galicia en Común criticaron hai uns días á Xunta por retardar os trámites e estes profesionais denuncian que se están dilatando trámites de oficio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/04/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Os Xestores Administrativos, que están a tramitar gran parte dos ERTES que se presentaron no noso país acolléndose ás medidas urxentes extraordinarias aprobadas polo Goberno para mitigar os efectos da crise, afirman que están a empezar a recibir, con data de hai varios días, denegacións de ERTES xustificadas en que os negocios representados non estaban obrigados a pechar.

Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus
Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus | Fonte: @miguelnuñez

Estas negativas chegan sen tempo para reaccionar e poder presentar un novo ERTE por causas económicas co tempo suficiente para que non supoña a quebra das empresas afectadas”, denuncian nun comunicado.

Fontes colexiais sinalan que “se se notificaran a tempo, as empresas poderían reaccionar antes, presentasen un ERTE por causas económicas e os traballadores cobrarían a súa prestación de marzo e abril por parte do Estado”. “Agora, o empresario que non ten liquidez, que non ten ingresos, debe afrontar o pago dunhas cantidades para as que non ten fondos porque os préstamos do tampouco ICO chegan a tempo ou non lle son concedidos”, apunta.

“Como sempre, hai unha distancia abismal entre a norma, quen a executa e o suposto beneficiario a quen está dirixida. As administracións están a demostrar que non son capaces de baixar ao terreo e coñecer a realidade do que está a pasar”, afirman fontes colexiais.

Nos últimos días, tanto o PSdeG como Galicia en Común criticaron duramente á Xunta por atrasar a tramitación dos ERTE. Unha cuestión que tamén apunta o colectivo de xestores que suliña que os trámites de traballadores en ERTE presentados ante o SEPE polos despachos colexiados cumprindo os 5 días de prazo esixidos (comunicacións enviadas o 3 de abril) foron rexistradas “de oficio” pola administración “nada menos que nove días despois ( con data 12 de abril)”, un feito que cualifican de “moi grave”, porque pode pode provocar a falta de pagamento de prestacións.

INSISTENCIA A FEIJÓO

Os Xestores Administrativos de Galicia dirixiron xa unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para transmitirlle a necesidade de que o colectivo profesional estea presente na comisión de expertos que vai asesorar á Xunta de Galicia para minimizar o impacto da crise e reactivar a económica, gabinete que previsiblemente se reunirá a semana que vén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Logo non é só a Xunta quen retrasa procedementos, tamén o SEPE mira para outro lado ? En definitiva, sacar Decretos é moi doado, facelos REALIDADE é fariña doutro costado !!! http://www.sepe.es/HomeSepe O mesmo cas denuncias policiais, cando me leven preso que me toque este xuíz ! https://www.galiciapress.es/texto-d...

1 expañanos rouba

Pero non roubaron os de expaña 100 millons de euros dos fondos de emprego da autonomía galega e piden que se pague... todos os galegos sabemos o que e expaña... Morte, miseria, opresión, impostos e trabucos...