Os afectados por ERTE en Galicia estabilízanse ao redor dos 235.000

En total, son 36.052 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Galicia conta con 235.132 afectados nun total de 36.052 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), segundo os datos da Xunta deste venres.

Teléfono para consultas por ERTE
Teléfono para consultas por ERTE | Fonte: Xunta.

Esta cifra só se incrementa nuns 300 traballadores respecto ao xoves, un avance do 0,1%, inferior ao ritmo de aumento de días pasados. Mentres, segue pendente de resolver o 4% dos ERTE presentados en Galicia.

Os traballadores en ERTE de índole estatal con impacto en Galicia son 32.397, mentres os afectados en 1.041 expedientes de regulación temporal a nivel autonómico son 20.634.

Por provincias, Pontevedra está á cabeza en número de empregados (82.795) en 12.640 ERTE. Séguelle A Coruña, con 65.857 traballadores en 13.940 expedientes; Ourense, con 18.016 en 4.278; e Lugo, con 15.433 en 4.153.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta