Non se poderá viaxar ás segundas residencias na fase 1, nin sequera se están na mesma provincia

O Goberno quere evitar así as actividades adicionais que implican estes movementos, como as saídas aos supermercados.

Por E.P. | MADRID | 09/05/2020 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Os desprazamentos para pasar a noite en segundas residencias non están permitidos na fase 1 do plan de desescalada, nin sequera dentro da mesma provincia, illa ou rexión sanitaria, precisaron este sábado fontes do Goberno.

Peaxe na autoestrada  XUNTA - Arquivo
Peaxe na autoestrada XUNTA - Arquivo

O Executivo xustifica a decisión nun desexo de evitar a serie de actividades adicionais que implican estes movementos, como as visitas ao supermercado ou comercios para encher a neveira. Para visitar as segundas residencias será necesario esperar unhas semanas máis ata alcanzar a fase 2. Poderase, iso si, visitar familiares e amizades nas súas casas. 

Así o aclaran no día no que o Boletín Oficial do Estado publica a orde das actividades permitidas nesta fase 1 do plan de transición á nova normalidade. Galicia é unha das comunidades que adoptará esta nova fase desde este luns 11 de maio. Canda ela, tamén o farán Asturias, Cantabria, o País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Murcia, Estremadura, Ceuta e Melilla, Andalucía  (salvo Granada e Málaga) ; Cuenca e Guadalajara, Baleares, Canarias, e algunhas áreas sanitarias de Castela e León, a Comunidade Valenciana e Cataluña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta