Concellos, deputación, Xunta e Goberno aproveitan a crise para facer publicidade e propaganda

Algúns estampan os logos nas máscaras e outros fan actos propagandísticos de entrega de material. A Xunta, a través dos seus distintos cargos, é a institución que máis actos organizou entregando material co logotipo institucional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/05/2020 | Actualizada ás 22:21

Comparte esta noticia

Concellos, deputacións, subdelegacións do goberno e, especialmente, a Xunta de Galicia. Todas as institucións están aproveitando esta crise para facer publicidade e propaganda, algúns deles nas máscaras que remiten aos cidadáns, e outros con actos puramente propagandísticos de entrega de material con grandes logotipos institucionais.

E nesta circunstancia non se distinguen cores políticas. Hai concellos do PP, do PSOE e do BNG, deputacións do PP e do PSOE, a Xunta do PP ou o Goberno do PSOE. Pero tamén é certo que unhas cores moito máis que outras. Entregaron grandes paquetes de máscaras con logos institucionais o presidente provincial de Lugo, José Tomé e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Tuit de José Manuel Balseiro destacando o material que entrega a Xunta
Tuit de José Manuel Balseiro destacando o material que entrega a Xunta

Pero quizais, quen máis se afanou en amosar quen está detrás do envío do material, tanto a través das redes sociais como dos medios de comunicación, foi a Xunta de Galicia. Así, houbo entregas de material, completamente tuneadas co logo da Xunta por parte do vicepresidente, Alfonso Rueda; e por parte dos delegados territorias da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; Lugo, José Manuel Balseiro ou Vigo, con Corina Porro, entre outros.

Na maior parte das entregas deste material o logo vai estampado en caixas ou sobres sen moitos gastos adicionais. Con todo, a Xunta deu un paso máis alá ao gastar case un millón de euros en enviar paquetes de tres máscaras cun gran logo institucional da Xunta ás farmacias galegas para ser repartidas gratuitamente entre parados e pensionistas, tal como informou Galicia Confidencial este venres,

Estas son algunhas desas entregas de material:

Caixas con máscaras co logo da Xunta
Caixas con máscaras co logo da Xunta
O vicepresidente Alfonso Rueda e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregando material co logo da Xunta
O vicepresidente Alfonso Rueda e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregando material co logo da Xunta
Tuit de Alfonso Rueda destacando o material que entrega a Xunta
Tuit de Alfonso Rueda destacando o material que entrega a Xunta
Corina Porro entregando material (máscaras, luvas e outros enseres) doados pola Xunta
Corina Porro entregando material (máscaras, luvas e outros enseres) doados pola Xunta
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, con máscaras co logo do Goberno central
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, con máscaras co logo do Goberno central
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, con caixas de material co logo da deputación
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, con caixas de material co logo da deputación
Envío de máscaras por parte do Concello de Poio
Envío de máscaras por parte do Concello de Poio
Envío de máscara por parte do Concello de Cambados
Envío de máscara por parte do Concello de Cambados
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Regalos de Tres Estalos

TODOS os partidos políticos, TODOS sen excepción, cando tocan poder son corruptos e noxentos!!! Nun tan intre delicado e sen superar a catástrofe, facer propaganda institucional, como a realizada desde os partidos no poder, amosa que estamos gobernados por ratas trepadoras!!! Hai que desratizar a política profesional!!!

1 HIPOCRITAS & PANDEMIOS

parece ser que alguns non fan o que dixo o noso señor xesucristo: que a tua man esquerda non sepa o que fai a tua man dereita (SAN MATEO capitulo 6 versículo 3) por iso cando des esmolas non toques as trompetas diante de ti, como fan os hipócritas nas sinagonas e nas ruas, para ser alabados polos homes, tu caridade debe ser en secredo e o teu Pai e nos Ceos que o ve en secredo vaiche recompensar.

1 Gamela

O problema é precisamente que non é caridade, é simplemente malversación de fondos públicos... os cartos son nosos e son eles os que os dilapidan a maior gloria dos seus partidos políticos (?)