Rescatado o único tripulante dunha embarcación que ardei no porto de Combarro

Foi auxiliado por outras embarcacións.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/05/2020 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias auxiliaron ao único tripulante dunha embarcación que navegaba pola Ría de Pontevedra e incendiouse á altura de Poio. Segundo confirmou o 112 Galicia, o home dirixíase no seu barco cara ao peirao de Combarro para encher, pero de súpeto o motor da embarcación incendiouse e el tirouse á auga para salvarse.

Foi nese momento, preto das 11,00 horas deste domingo, cando un particular alertou aos servizos de emerxencias do ocorrido, xa que antes de que os efectivos oficiais chegasen, un barco particular rescatou ao home que se tirou á auga.

A embarcación ardeu fronte ao peirao de Combarro e os particulares que chamaron ao 112 Galicia tamén avisaron de que vían a máis xente na auga. De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron unha embarcación.

Así mesmo, participaron no dispositivo unha patrulleira da Garda Civil, os Bombeiros de Ribadumia, a Policía Local e os efectivos do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e de Protección Civil da localidade.

O persoal de Salvamento Marítimo comunicou ao 112 Galicia que, tras revisar, valorar e comprobar a zona, a Auxiliar Irmáns García Nodal non aprecia mancha de combustible nin risco de contaminación ocasionado pola embarcación incendiada.

Combarro
Combarro | Fonte: Juantiagues en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta