Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 10:30
A Policía Nacional e a Garda Civil acaban de anunciar que vén de desenvolverse con éxito unha operación que desarticulou unha banda de xogadores de parchís.
A banda composta por oito mozos e mozas de distintas idades, pero todos menores, adicábase a xogar ao parchis nos patios, aceras e bancos da rúa, causando o pánico entre a cidadanía.
Segundo o comunicado da policía, os mozos e mozas non bebían alcol, ocupaban o espazo público en horas do paseo dos maiores e provocaban ruído atronador ao bater os cubiletes do dado.
“A quien se le ocurre estar en un patio y no hacer un botellón”, comentan fontes de policía. “Hasta aquí podíamos llegar! ya ni se emborrachan! Es que ni usaban los cubiletes como chupitos. La juventud se está echando a perder!”, comenta un axente que prefire manterse no anonimato.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.