O PSOE sae reforzado da xestión da pandemia e Ciudadanos case duplica resultados, segundo o CIS

A distancia entre socialistas e populares é de case 10 puntos. Baixa Unidas Podemos e tamén Vox que pasa a ocupar a cuarta posición. O BNG mantén o 0,5% de intención de voto

Por Galicia Confidencial | Madrid | 19/05/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O PSOE incrementaría en máis de tres puntos o apoio recibido nas eleccións do 10 de novembro e obtería un 31,1% dos votos se se celebrasen eleccións xerais neste momento, dez puntos máis que o Partido Popular, que obería o 20,3%.

Barómetro do CIS de maio
Barómetro do CIS de maio

Así o recolle o barómetro do CIS de maio cuxos datos castigan ás demais formacións, que perderían votos en maior ou menor medida, cunha destacada excepción, Ciudadanos, que experimentaría unha subida de máis de cinco puntos con respecto a novembro de celebrarse comicios no actual estado de cousas, e pasaría a un 10,5% dos votos.

Con respecto o barómetro do pasado mes, o PP perdería oito décimas (20,3% de estimación de voto), Unidas Podemos, socio de goberno de Pedro Sánchez, cedería medio punto (11,5%) e o gran prexudicado sería Vox, que se deixaría 1,7 puntos e obtería un 11,3%, catro puntos menos que os que obtivo nas urnas do 9N, e deixaría de ser a terceira forza política en favor da formación de Pablo Iglesias.

RESTO DE PARTIDOS

En canto ao resto de partidos, Mas País manteríase máis ou menos igual, con 1,4% de estimación de voto (unha décima menos). Entre os partidos independentistas e nacionalistas, en Cataluña ERC obtería un 2,9% dos votos (catro décimas menos que o mes pasado), JxCat tamén baixaría até o 1,2% (dúas décimas menos) e a CUP obtería un 0,7% (unha décima máis). No País Vasco, PNV e EH Bildu obterían pequenas melloras, cun 1,3% e un 0,7% dos votos nunhas hipotéticas eleccións xerais, respectivamente. No caso de Galicia o BNG mantería o 0,5% de porcentaxe de voto.

Este barómetro centrou o seu cuestionario no coronavirus e cuxo traballo de campo desenvolveuse mediante 3.800 entrevistas telefónicas do 4 ao 13 de maio, cando en España estaba a iniciarse a desescalada tras case dous meses de confinamento para loitar contra a pandemia da Covid-19. Nesas datas, Cs brindou no Congreso un apoio decisivo ao Goberno para prorrogar o estado de alarma 15 días máis e a súa líder, Inés Arrimadas, buscaba acordos políticos co PSOE para atopar saídas á crise do coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 antoniño das mortes

as opcions de expaña van caer polo chao... a única opción que vai subir e a do nacionalismo... E O SABEDES!!!!

1 nostrus

Onde estarás empolingrado para ter esa vision?. Si te fixas os partidos constitucionalistas (PP, PSOE, C´s en incluso Vox é constitucionalista) superan o setenta por cento, quedando o resto para toda a borralla. Xa sei que o naZZionalismo aliméntase da fantasía, pobriños. O mais positivo desta enquisa é a suba de C´s, que cometeu o erro de sairse do seu espacio ideolóxico.

2 Ana

Auguro unha abstención histórica!. Por certo, xa somos miles as persoas que visualizamos o video subido a youtube co titulo "Los ciudadanos os acusamos públicamente"

1 Riolo

Lo grave del CIS es que lo pagamos todos. Y nunca trabajó tan descaradamente para el partido del gobierno