A morte dun octoxenario en Ourense eleva as vítimas con Covid-19 en Galicia a 614

A cifra de falecementos rexistrados en atención hospitalariaelévase a 482, aos que hai que sumar as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/05/2020 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O número de falecidos con coronavirus en Galicia elevouse a 614 nas últimas horas tras a confirmación este domingo dunha única vítima mortal da pandemia. Segundo informan fontes sanitarias, trátase dun home de 86 anos que tiña patoloxías previas e que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Técnico de ambulancias disposta a entrar nunha vivenda cun posible caso de coronavirus
Técnico de ambulancias disposta a entrar nunha vivenda cun posible caso de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Así, a cifra de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia elévase a 482 en todo o territorio. Por áreas sanitarias, 128 producíronse na da Coruña, 103 na de Ourense, 92 na de Vigo, outras 87 na de Santiago, 30 na Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na de Pontevedra.

A estas cifras hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas (en concreto desde o 7 de maio).

No entanto, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.

Así, morreron con coronavirus en Galicia 271 persoas vinculadas con centros residenciais, o que supón o 44,3 por cento do total de falecidos con COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta