Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2020 | Actualizada ás 18:56
A Fiscalía Superior de Galicia abriu dilixencias pola entrega de máscaras defectuosas en Pontevedra e Lugo, tras a denuncia dun sindicato de profesionais sanitarios.
Pola súa banda, a Fiscalía mantén abertas seis dilixencias sobre oito residencias de maiores pola xestión do coronavirus, a mesma cifra que as dúas semanas anteriores.
En concreto, na Coruña investíganse catro residencias, un delas pola denuncia dun particular e as outras tres por mor dunha comunicación dunha asociación de familiares.
Pola súa banda, na provincia de Ourense abríronse dilixencias en catro residencias (segundo transcendeu, unha é A nosa Señora da Esperanza).
A Fiscalía Xeral aínda inclúe nos datos trasladados este martes un procedemento xudicial aberto nun xulgado de Cangas, aínda que xa foi arquivado o pasado 21 de abril porque, segundo a maxistrada, non había "indicios suficientes da perpetración de delito" e non había concreción nos feitos denunciados.
Por outra banda, a Fiscalía galega tamén iniciou dilixencias por unha denuncia por malos tratos nunha residencia na Fonsagrada, e que arquivou porque xa está xudicializada.
Ademais, figuran como arquivadas varias dilixencias penais, entre elas unha denuncia xenérica interposta por Vox sobre a situación das residencias galegas, así como outras tamén de carácter xenérico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.