O Goberno central partidario de que se poida viaxar xa entre provincias ou autonomías desde o 7 de xuño

A medida coincidiría coa entrada na fase 3.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/06/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Os desprazamentos entre provincias dunha mesma Comunidade Autónoma ou mesmo entre autonomías que desde o 7 de xuño estean en fase 3 é unha posibilidade que se abre coa sexta e última prórroga do estado de alarma, explicou este luns o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos.

"Pódese establecer a mobilidade dentro de una mesma Comunidade Autónoma ou entre Comunidades Autónomas que estean na mesma fase", explicou Ábalos nunha entrevista en TVE, recollida por Europa Press.

Esta foi unha das principais demandas dalgunhas autonomías e que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, atendeu este domingo na rolda de prensa cos presidentes autonómicos comprometendose a abrir a mobilidade.

Control policial durante a pandemia
Control policial durante a pandemia | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta