Os Premios da Música Martín Códax trasladan a súa gala ao 21 de outubro

María Manuela será quen reciba o premio honorífico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Os Premios da Música Martín Códax celebrarán a súa gala na que se darán a coñecer os gañadores o próximo 21 de outubro, informaron os organizadores, que apuntaron que o evento será no Pazo da Cultura de Pontevedra, "sempre que as condicións sociosanitarias pola COVID-19 o permitan".

Nun comunicado difundido este mércores, lembraron que a gala da que é a súa sétima edición estaba inicialmente prevista para o 6 de maio, pero tivo que ser cancelada debido á pandemia causada polo coronavirus.

Os organizadores adiantaron que "algunhas cousas" cambiarán no evento, pero outras manteranse, como as 'Melómanas', as figuras de Víctor Lorenzo que se volverán  entregar nesta edición aos premiados nas 20 categorías que se distinguen.

Este ano a organización presenta "complexidade" porque hai que adaptar os premios ás circunstancias actuais para non cancelar a gala, destacou a asociación Músicas ao Vivo. No entanto, agregou, tamén houbo "moi boas noticias", como que é a edición con máis inscricións, un total de 577, e que se concederá un premio honorífico a "unha muller cunha gran traxectoria artística", María Manuela.

Os organizadores agradecen ás Adegas Martín Códax, o Concello de Pontevedra, Agadic, a Deputación de Pontevedra e a Cadena Ser, que son os seus patrocinadores, as "facilidades brindadas" neste proceso.

Premios Martín Códax
Premios Martín Códax

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta