Por E.P. | A CORUÑA | 18/06/2020 | Actualizada ás 20:32
A alcaldesa herculina, Inés Rey, defendeu a ampliación do complexo hospitalario coruñés (Chuac) "co menor impacto" para a veciñanza.
Así o informa o consistorio tras a reunión que mantivo, acompañada do concelleiro da Coruña de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, cos representantes da asociación veciñal de Eirís, así como coas persoas afectadas polas expropiacións.
A rexedora explicoulles "que apoian a situación do novo proxecto pero tal e como acordaron coa Xunta queren que se realice conforme se produzan as menores afeccións posibles para as e os residentes da zona".
Inés Rey lembroulles que o goberno local "defende que a localización do complexo sanitario reduza ao mínimo o impacto sobre as vivendas de Eirís e minimice as expropiacións de carácter residencial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.