Galicia acollerá o seu primeiro 'hackaton' virtual

Empresas tecnolóxicas, universidades e persoas traballarán para dar solución a diversos retos para adaptar o tecido empresarial á nova realidade, entre o 27 e o 30 de xuño.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/06/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Galicia contará entre o 27 e o 30 de xuño co seu primeiro 'hackaton' virtual, unha experiencia inmersiva no que empresas tecnolóxicas, universidades e persoas traballarán para dar solución a diversos retos para adaptar o tecido empresarial á nova realidade.

Un momento do Hackathon for Refugees en Senderiz, Lobeira
Un momento do Hackathon for Refugees en Senderiz, Lobeira | Fonte: sendo.co.

A través desta experiencia, tentarase desenvolver dun modo áxil todo tipo de prototipos e solucións desde un punto de vista transversal, aberto e de aplicación inmediata no ámbito industrial, comercial e o emprego.

O '#HACKatHOME' pretende involucrar tanto a estudantes como a profesionais da programación, a investigación ou o deseño, co fin de colaborar en grupo para sentar as bases da construción de solucións físicas e dixitais para afrontar os cambios da sociedade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta