Buscan a un pescador desaparecido tras caer ao mar "sen chaleco" en Valdoviño

O operativo deu comezo arredor das 10 da mañá deste martes logo do aviso doutro mariñeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Efectivos dos servizos de emerxencia rastrexan as proximidades da Praia de Tiroteo, no municipio coruñés de Valdoviño, para buscar a un pescador de cana desaparecido tras caer á auga. Segundo informou o 112 Galicia, foi un compañeiro do pescador desaparecido quen avisou do ocorrido ao servizo de emerxencias sobre as 9,45 horas deste martes.

Tras a alerta, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron dous helicópteros de rescate.

Temporal costeiro en Valdoviño
Temporal costeiro en Valdoviño | Fonte: ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS

Fontes de Salvamento Marítimo indicaron a Europa Press que o Centro de Salvamento da Coruña coordina o operativo por mar e aire, sendo mobilizado o helicóptero 'Pesca 2' da Xunta, relevado polo 'Helimer' con base en Santiago. Así mesmo, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención da Garda Civil, dos voluntarios de Protección Civil de Valdoviño, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que completaron o operativo por terra.

CAEU Ó MAR "SEN CHALECO"

Os equipos de rescate centran a procura na marxe dereita do areal, concretamente nunha zona rochosa, onde podería atoparse o pescador. Fontes de Salvamento Marítimo indicaron que o compañeiro do pescador desaparecido asegurou que este caeu ao mar "sen chaleco".

Na tarde deste martes, mergulladores da Garda Civil (GEAS) incorporáronse ao dispositivo que rastrexa a zona de Praia de Tiroteo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta