Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/07/2020 | Actualizada ás 14:00
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a defender o tres universidades públicas galegas desde o goberno galego fronte a un Partido Popular que "pon en risco" o sistema público. Así se pronunciou en declaracións aos medios durante un paseo pola feira de Ordes (A Coruña) e antes de reunirse cos reitores das universidades galegas e o ministro de Ciencia e Educación, Pedro Duque, en Moaña (Pontevedra).
Nunha intervención na que lembrou que "hai un ano" nestas épocas estaba "a corrixir exames" na Universidade de Vigo --onde é profesor de Economía Aplicada--, Gonzalo Caballero subliñou que o goberno que el "presidirá" fará "bandeira da defensa da universidade pública" así como do "impulso da ciencia e a innovación".
MATRICULAS GRATIS
O candidato do PSOE á Xunta anunciou o seu compromiso para ofrecer as "primeiras matrículas nos graos universitarios" de xeito totalmente gratuíto, á par de ampliar o corpo docente e nvestigador "ofrecendo máis contratos para a necesaria renovación xeracional do profesorado". "Imos incrementar a nosa aposta en I+D+i para facer fronte aos retos dixitais, a unha transformación dixital que é máis necesaria que nunca, como evidenciou a pandemia do coronavirus", engadiu.
Neste sentido, sostivo que os socialistas son a "mellor garantía" para gobernar Galicia en defensa da universidade pública. "Cumpriremos coas universidades públicas galegas porque o PP pon en risco o sistema público, ao PP non lle gusta a universidade pública", indicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.