A Xunta arranxa campamentos e albergues xuvenís para dar "as máximas garantías" contra a COVID-19

A Xunta informou este venres de que fixo un novo envío de material de protección fronte ao coronavirus ás residencias e entidades sociais da área da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Xunta está a ultimar a adaptación dos campamentos e os albergues xuvenís para dar "as máximas garantías de seguridade" na campaña de verán, que arrinca o 15 de xullo.

Por este motivo, a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron as instalacións das Sinas, en Vilanova de Arousa, onde se cubriron todas as prazas ofertadas.

Este campamento reduciu o seu aforamento nun 50 por cento e serán 240 mozos os que participen no catro quendas, con 60 persoas en cada un deles, co que se permitirán as medidas de distancia social.

Ademais das separacións, os campamentos tomaron medidas como o reforzo do número de monitores, posto que haberá un por cada tres menores. O obxectivo, dixo a conselleira, foi adaptar os servizos e as instalacións para dar "un servizo seguro para as familias.

Por outra banda, a Xunta informou este venres de que fixo un novo envío de material de protección fronte ao coronavirus ás residencias e entidades sociais da área da Coruña. Un total de 54 centros repartíronse 37.500 máscaras e 37.000 luvas. Tamén se enviaron 23.723 EPI aos albergues de Gandarío e Marina Española e á Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar para os monitores e participantes dos campamentos infantís.

Á área de Santiago enviáronse 13.300 máscaras e 20.500 luvas para 30 residencias e entidades sociais, así como 6.362 EPI para o campamento xuvenil de Furelos. Na área de Ferrol, 22 centros recibiron 14.400 máscaras e 17.700 luvas.

Así mesmo, remitíronse 3.350 máscaras e 5.200 luvas para residencias e entidades sociais da área do Barbanza, ademais de 22.374 EPI para os campamentos de Espiñeiro, en Boiro, e o de Virxe de Loreto, en Porto do Son. Por último, na Costa da Morte distribuíronse en residencias e entidades 2.250 máscaras e 2.200 luvas.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita un campamemto de verán para comprobar as medidas contra a COVID-19. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita un campamemto de verán para comprobar as medidas contra a COVID-19. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta