Detidos dous homes por roubar nun bar en Ourense tras forzar a persiana metálica

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dous homes como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun establecemento hostaleiro perpetrado tras forzar a persiana metálica.

Por E.P. | OURENSE | 16/07/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia



Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a dous homes como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun establecemento hostaleiro perpetrado tras forzar a persiana metálica.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon na madrugada deste xoves, sobre as 4,00 horas, cando se recibiu unha chamada na Sala 091 na que o requirente indicou que escoitara un ruído e observara un home, do que achegou características físicas, á beira da entrada dun bar.

O local presentaba a persiana metálica forzada e, supostamente, había outra persoa no interior que lle entrega unha mochila, indicaron as mesmas fontes policiais

O Coordinador de Servizos, xunto con Policías da Brigada de Seguridade Cidadá, Zetas e Centauros, montaron un dispositivo operativo de peche para a localización dos presuntos autores. Un home foi localizado nas proximidades, que coincidía coas características físicas achegadas, e quen levaba unha mochila, polo que os axentes procederon á súa identificación.

Á súa vez, outra dotación policial no bar observou a persiana forzada, contactou con propietario, que lles facilitou a entrada, e realizaron un rexistro no local, onde localizaron ao outro individuo escondido no seu interior, cunha mochila cun cincel, motivo polo que procederon á detención de ambos e posterior traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións.

Os detidos foron identificados como dous homes, naturais de Ourense, un de de 36 anos con 30 arrestos anteriores, e outro de 42 e dous antecedentes. Pasaron este xoves a disposición xudicial, tras o que quedaron en liberdade.

Un coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo
Un coche patrulla.. POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta