Cae o número de admitidos en escolas infantís da Xunta

Trescentas admisións menos deixan un total de 8.200 nenos e nenas admitidos. A Xunta sinala que as familias non admitidas poden acollerse ao Bono Concilia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O número de admitidos en escolas infantís da rede autonómica A Galiña Azul da Xunta descendeu en 300 respecto ao curso pasado. Así, foron aceptados un total de 8.200 nenos e nenas para o curso 2020/2021, o que representa o 76% das 10.800 solicitudes presentadas.

Así, segundo informou a Consellería de Política Social, desde este luns pode consultarse a relación de admitidos. A lista de espera está composta por 1.700 nenos e nenas, 1.600 menos que no período anterior.

Deste xeito, as familias que non fosen admitidas poden acollerse ao Bono Concilia, un programa de axudas directas para gastos en escolas infantís privadas.

Das 8.200 solicitudes aceptada, o 60 por cento corresponden a novos ingresos e o 40 por cento restante, renovacións. A Xunta tamén resalta que hai 26 menores con necesidades especiais, 882 de familias numerosas e 345 a familias monoparentais.

En canto á distribución por provincias, 3.428 nenos e nenas empezarán o curso en centros Galiña Azul da Coruña, 3.065 na provincia de Pontevedra, 864 en Ourense e 868 en Lugo.

Este martes quedará aberto o prazo para a formalización de matrícula, que permanecerá aberta ata o próximo 30 de xullo.

SELO BIBLIOTECA ESCOLAR

Por outra banda, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional seleccionou dez centros educativos que recibirán o 'Selo Biblioteca Escolar Solidaria', mentres que outro dez foron escollidos para a iniciativa de voluntariado de 'Lectura-A'.

Segundo detalla o departamento que dirixe en funcións Carmen Pomar, estas accións están enmarcadas enel programa Bibliotecas Escolares Solidarias, orientadas a "promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre alumnado e familias".

O 'Selo Biblioteca Escolar Solidaria' é un recoñecemento ao traballo das comunidades educativas a favor dunha biblioteca escolar atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento e que propician especificamente valores de xustiza e de solidariedade.

Cada centro (catro da Coruña, cinco de Pontevedra e un de Lugo) recibirá un diploma acreditativo ademais dunha asignación de 1.500 euros que deberá ser destinada a actividades da biblioteca escolar relacionadas coa difusión dos Obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.

BIBLIOTECAS DE GALICIA

Así mesmo, tamén este luns, o Diario Oficial de Galicia publica a resolución da liña de axudas a entidades locais coas que a Xunta facilita a programación de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ao amparo do programa 'Ler conta moito'. Na edición deste ano resultaron beneficiarios un total de 180 concellos que programarán as actividades en 227 bibliotecas públicas.

A través desta liña de axudas, dotada con preto de 200.000 euros, as entidades locais beneficiarias programarán un mínimo de dúas actividades do catálogo Ler conta moito 2020 de maneira que cada concello poderá recibir unha achega que cubra ata o 75% dos gastos.

Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta