AMI pon no "punto de mira" a Red Madre

A organización independentista tamén participará na manifestación soberanista do vindeiro domingo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2013 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

"Estades no nosso ponto de mira, com nós, com o nosso corpo, coa nossa vida, NOM SE JOGA!". Deste xeito se refire a organización independentista AMI á organización católica Red Madre por incitar ás mulleres a non abortar.

Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org
Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org Imaxe cunha diana sobre as siglas de Red Madre/ amigaliza.org

"As mulheres da AMI queremos assinalar quais som os nossos inimigos. Quem coa sua moral ultracatólica presiona às mulheres para que nom abortem e nom decidam sob o que é seu, o seu corpo. Os que nos infantilizam e buscam umha familia nuclear e patriarcal", sinala nun comunicado.

Neste sentido, apuntan que tanto Red Madre como Provida forman parte da "faciana mais fascista e espanholista" e apunta que, "curiosamente”, a maioria das persoas que dirixen esta associción en Galicia son homes. "Agocham-se tras a careta de «mulheres bondadosas» que vam ajudar a mozas sem recursos para que sigam adiante com um embarazo ainda que esta nom seja a sua intençom", denuncia.

Por iso, publican o enderezo das sedes que esta organización ten en Lugo, A Coruña, Compostela e Vigo. 

Manifestación soberanista

Por outra banda, AMI tamén anuncia que participará na manifestación soberanista que este domingo percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema "Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e a plena soberanía nacional", e na que tamén participan, entre outras organizacións, o BNG, Causa Galiza, Nós-UP, MpB ou a CIG, entre outras organizacións.

"Temos que defender a naçom contra as agressons que sofre por parte do Estado espanhol, o nacionalismo e independentismo unem-se e caminham junto com a acçom política, a movilizaçom, a oposiçom às políticas espanholistas, a defensa combativa da terra, da lingua e dos direitos humanos", apunta nun comunicado. 

Neste sentido, sinala que, ademais desta acción "defensiva", ten que ir outra "construtiva". "Temos que criar toda umha rede de serviços e coberturas para o nosso Povo, construir umha Galiza livre dia a dia ao margem do poder, mediante associaçons culturais, centros sociais, escolas populares, meios de comunicaçom, cooperativas, editoras literárias,etc. E para isto nom podemos pedir esmola a um Estado que diariamente nos está oprimindo, nom podemos agardar que Papá Estado nos saque as castanhas do lume, temos que ser nós quem construamos as alternativas!", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

15 A. Otero

Eu creo que esas mulleres viven en outro tempo, polo menos, medio século de atraso.

14 jos

Isto é feminismo ou feminicidio? Na questão do direito a decidir ser ou não ser mãe, parece-me um erro de paralagem focar a atenção em aquelas pessoas que tencionam favorecer a maternidade (ainda que seja por motivos religiosos) em vez sobre aquelas que a impedem: o roubo de bebês, o aborto obrigatório por lei (China), ou o aborto e/ou a forçada decisão de não ter crianças devido às forçadas condições socioeconómicas e laborais e ao sistema de valores. A maternidade (e paternidade) roubada pelos condicionantes políticos é um feminicidio real e diário.

13 galegotenerife

Ai! Ai! E que ia dicer eu... Ah si! Abortar e pecado! i e matar unha vida, non si? pero se e coma no pais da Merkel o impedimento da fecundacion non o e. Dician os vellos que tan Barcenas e o que mata a vaca coma o que lle prende o rabo. Istes fariseos sempre dandolle a volta a omelette!!!

12 Brais

Com estas patriotas Galiza nom será livre nunca.

1 ssss

Pois cos "democratas" españoles gobernando, Galiza sempre siguira a ser unha Colonia.

11 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado. Nin ameazas nin insultos teñen espazo no GC. Grazas á inmensa maioría que comentades con educación e sentidiño, sexa cal for a vosa opinión.