A Xunta anuncia unha APP piloto con información e contaxios da covid de uso voluntario

Di que poderá ser compatible coa aplicación que xa lanzou o Goberno central, Radar Covid, e incluirá datos sobre a situación epidemiolóxica e consellos sanitarios .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2020 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, explicou que este mes de agosto un grupo pechado de cidadáns probarán, nunha experiencia piloto, unha aplicación móbil de "xeración de alertas" de zonas de risco de coronavirus na que, garantiu, manterase a privacidade dos datos persoais.

Tras esta proba da aplicación, "voluntaria", a Xunta estudará pola en marcha para a poboación en xeral, previo "coñecemento" do Ministerio de Sanidade, e tamén tendo en conta a experiencia que leva a cabo o Goberno central nas Illas Canarias (Radar COVID). Na aplicación a proba en Galicia, tamén se incluirán datos sobre a situación epidemiolóxica e consellos sanitarios que a Consellería de Sanidade encargarase de envorcar nesta aplicación.

Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, que previsiblemente --como el mesmo dixo-- será o último da lexislatura que agora termina, Feijóo incidiu en que se poría en marcha, de forma "voluntaria", a descarga desta aplicación a partir do mes de setembro.

"Ofreceralle, por suposto aos usuarios, toda a información da pandemia, en tempo real, tanto a nivel municipal e autonómico, e recomendacións e todos os datos que poña a disposición a Consellería de Sanidade", manifestou ao mandatario autonómico.

O xefe do Executivo en funcións dixo que está garantida a "privacidade e o carácter voluntario" das persoas que queiran "descargar" esta aplicación no seu teléfono móbil. De feito, hai distintos niveis de identificación, inclusive permite conectarse como usuario anónimo.

Neste sentido, destacou que poderá ser compatible coa aplicación que xa lanzou o Goberno central en Canarias, Radar Covid, que tamén serve para dar información puntual sobre a situación epidemiolóxica e os contaxios en determinadas zonas.

App
App | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Basta de control social!!. Se lles importa a saude das persoas contraten mais medicos ou den consellos para aumentar a inmunidade nas persoas. ¿Donde estan os estudos que demostren que unha persoa sen sintomas contaxia?. ¿Poden demostrar que os test son 100% fiables?. ¿Cantas das persoas falecidas estaban vacunadas da gripe?. ¿Alguen se vai facer responsable das consecuencias para a saude de obrigar a levar mascarillas e respirar dioxido de carbono?. As persoas que pensamos e cuestionamos (e non nos limitamos a ver a tv e obedecer) esiximos respostas.