Controlado o incendio en Rois e permanece sen cambios o de Cualedro

O de Cualedro calcinou 1.535 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Un incendio forestal rexistrado ás 11,58 horas deste luns na parroquia de Leroño, no municipio coruñés de Rois, permanece controlado desde as 15,20 horas; mentres que o lume declarado en Cualedro permanece sen cambios.

Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, o incendio rexistrado en Rois calcinou polo momento 3,2 hectáreas arboradas e na súa extinción participaron cinco axentes, nove brigadas, catro motobombas, unha pa, tres avións e catro helicópteros.

Un avión da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro (Ourense), xa controlado tras queimar 1.535 hectáreas
Un avión da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro (Ourense), xa controlado tras queimar 1.535 hectáreas | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Precisamente, na tarde deste luns, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico informou de que un dos seus avións anfibios actuou neste lume.

Pola súa banda, o incendio orixinado no municipio ourensán de Cualedro mantense controlado desde as 15,37 horas do sábado, tras catro días e un total de 1.535 hectáreas queimadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta