División nas redes sobre o peche sanitario da área da Coruña: "á Mariña confinárona con 117 casos"

Veciños da cidade opóñense e lembran que a densidade de poboación da cidade herculina difire da da Comarca da Mariña. Outros vincúlano co foco do Fuenlabrada.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Enfrontamento en redes sociais sobre a posibilidade de confinar a área sanitaria de A Coruña e Cee. Logo dun incremento de 57 casos dende o martes que deixa o total da zona en 463 -máis da metade do total de Galicia- cada vez son máis os tuiteiros que ven conveniente confinar a zona para tentar deter a transmisión de covid-19 ao exterior.

Terraza. Carlos Castro
Terraza. Carlos Castro | Fonte: Europa Press

Algúns dos internautas que se posicionan a favor do peche destacaron o precedente da Mariña, confinada pola Xunta en plena campaña cun centenar de casos, unha cifra moito menor ós rexistrados actualmente na área sanitaria da Coruña e Cee. Neste aspecto, os usuarios expresas as súas "dúbidas" a respecto da actuación da Xunta: "non sería unha cuestión electoral?".

Por parte dos veciños da cidade herculina, algúns usuarios lembran que o nivel de poboación da cidade difire do da comarca da Mariña.

Tamén os hai que vinculan o aumento de casos da Coruña ó foco da expedición do Fuenlabrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Inespal

Na Mariña os contactos dos positivos de covid, aunque deran negativo na PCR, os confinaban. Hoxe dous xogadores do Celta positivos. Onde están os seus compañeiros?. Na rua.