O Fabril suspende os adestramentos despois de detectarse un positivo por COVID nun dos seus xogadores

O xogador afectado continuará en illamento, do mesmo xeito que os seus compañeiros de equipo e contactos achegados á espera da evolución e da realización de novos tests nos próximos días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2020 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O Fabril, filial do Real Club Deportivo da Coruña, non retomará a actividade o vindeiro luns tras detectarse un caso positivo nun dos seus futbolistas por COVID-19.

O club regresou ao traballo o pasado mércores na Cidade Deportiva de Abegondo para completar tres sesións de adestramento. O xogador, que como o resto dos seus compañeiros pasara satisfactoriamente o luns o test COVID-19 previos á incorporación ao traballo, manifestou un proceso febril avaliado en consulta polos doutores do Club.

O futbolista foi sometido a novas probas e illado inmediatamente á espera dos resultados. Tras confirmarse o caso positivo, o resultado foi comunicado xa á Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos.

O xogador afectado continuará en illamento, do mesmo xeito que os seus compañeiros de equipo e contactos estreitos á espera de evolución e da realización de novos tests nos próximos días.

A pretemporada, tanto para o Fabril como para os xuvenís, arrincara o mércores baixo estrito cumprimento do protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado por Xunta e aplicado pola Federación Galega de Fútbol.

Deportivo B Fabril. RC DEPORTIVO - Arquivo
Deportivo B Fabril. RC DEPORTIVO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta