A Xunta dá 10,7 millóns a dedo a Citröen

A marca que proporcionaba coches de luxo gratis ao PPdeG cando estaba na oposición recibe este diñeiro mediante un procedemento sen publicidade a cambio de difundir o lema Galicia nalgúns coches eléctricos.

Por Walter Burns | Vigo | 17/03/2013 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) acaba de adxudicar "a difusión do lema Galicia a través de vehículos full electrico". Segundo a documentación á que tivo acceso GC, a Xunta pagaralle 10.705.824 euros máis IVE a Peugot Citroën Automóviles España por esta acción de propaganda.

Citroën eléctrico no IFEVI
Citroën eléctrico no IFEVI | Fonte: HombreDHojalata

O IGAPE dá este diñeiro mediante un "procedemento negociado sen publicidade". É dicir, a dedo. Trátase dun procedemento legal, pero que non prevé ningún tipo de publicidade ou competencia para que outras compañías se poidas presentar ao concurso público. De feito, a Resolución da Xunta recoñece que se trata da "única oferta" recibida.

Cómpre lembrar que Citröen entregou ao hoxe presidente da Xunta varios gratis cando era líder da oposición. Segundo adiantara Público, Alberto Nuñez Feijóo aproveitábase de que Citroën lle cedía ao PP de Galicia dous dos seus mellores modelos, primeiro un Peugot 607 e logo un Citroën C6.

Criticando o "luxo" dos Audis cando viaxaba nun C6 regalado

O descubrimento de que o daquela líder da oposición utilizaba coches pagados por unha empresa privada saltou en medio do suposto escándalo dos audis, cando o PP e os medios da dereita cargaron contra o bipartito por utilizar Audis, a maioría deles mercados durante a Era Fraga, cando Feijóo era vicepresidente. Os conservadores acusaban ao daquela presidente Emilio Pérez Touriño de gusto polo "luxo", cando Feijóo se desprazaba nun automóbil cedido que vale máis de 60.000 euros.

Feijóo no Citroën C6 cando era líder da oposición
Feijóo no Citroën C6 cando era líder da oposición | Fonte: Público

Agora, con Feijóo no lugar de Touriño, a compañía francesa recibirá este diñeiro público a dedo a cargo dos orzamentos do IGAPE deste ano e sucesivos, até 2017.

Citroën é un dos maiores empregadores da comarca de Vigo. A planta de Balaídos actualmente dá traballo directo a unhas 6.500 persoas. As exportacións de automóbiles supoñen unha terceira parte, aproximadamente, das exportacións de Galicia. A empresa prevé producir un novo modelo 100% eléctrico en Vigo, ademais das furgonetas Berlingo e Partner eléctricas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hooligang confidencial.

Apeas votos disconformes en todo o tocado na asamblea do Bloque, ao xulgar pola demora de GC en informar sobre a asamble do soberanismo patriota, un xa se imaxinaba que tiña que ser un rotundo exito. Noraboa a todolos galegos porque é unha boa nova pra todos.