A Xunta carga contra os concellos: "terán que achegar" o que lle toque para que funcionen os centros

Rueda remarca que o fondo de cooperación local tamén se pode empregar para a limpeza de centros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O vicepresidente en funcións da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu aos municipios de que "cada un terá que achegar o que lle corresponda para exercer a súa competencia" no funcionamento de escolas na 'volta ao cole'.

"Non se trata de que a Xunta teña toda a responsabilidade no funcionamento dos colexios e os concellos ningunha", afirmou Rueda a preguntas da prensa nun acto en Sanxenxo sobre queixas de alcaldes respecto da falta de fondos achegados polo Goberno galego para a limpeza de centros.

Ademais, lembra que a Xunta destina cada ano 120 millóns "a fondo perdido" ao fondo de cooperación local, que "tamén se poden dedicar a isto". Alfonso Rueda apunta que estas queixas proveñen en gran parte de alcaldes socialista, que "non teñen problema en cederlle os seus remanentes 15 anos á Administracion do Estado", pero "están a pedir" fondos á Xunta.

Así, ve "chocante" a postura destes rexedores, que tacha de "incoherencia", pois considera "máis lóxico que eses remanentes se puidesen utilizar nestes momentos nos que máis falta fai".

"COORDINACIÓN" CON ALCALDES ANTE A PANDEMIA

Cuestoinado tamén sobre críticas dos alcaldes de Pontevedra e Catoira acerca de falta de información de brotes de coronavirus, Rueda defendeu a "coordinación" existente en Galicia entre Xunta e alcaldes, que "ata agora funcionou". Asegura que os "concellos saben que están coordinados con eles" máis aló dalgún caso puntual que poida haber na incidencia da COVID-19.

Telmo Martín e Alfonso Rueda. XUNTA
Telmo Martín e Alfonso Rueda. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta