Temas: ANOVA

Anova constitúe grupos para a "reconstrución" do partido tras o "fracaso sen paliativos" das autonómicas

Os soberanistas din que a presenza dos seus exsocios Unidas Podemos no Goberno "non chega para conseguir os cambios suficientes" para Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Anova celebrou este sábado unha reunión da súa coordinadora nacional na que acordou a constitución de grupos de traballo para avanzar no obxectivo de "reconstruír" o partido tras o "fracaso sen paliativos" das eleccións autonómicas, ás que concorreron baixo a coalición Galicia En Común, que non obtivo representación parlamentaria.

Beiras, Noriega e Antón Sánchez.
Beiras, Noriega e Antón Sánchez.

Ao termo do encontro, no que participou o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, a organización emitiu un comunicado no que sinala que "a ausencia de representación no Parlamento dificulta" o seu "camiño" pero "en nada cambia o escenario", que pasa pola "reconstrución" da "unidade dos sectores máis afectados" pola crise económica e "a reconstrución orgánica cos continxentes municipalistas" e os "sectores sociais orfos de alternativa política".

No texto, Anova di que as institucións "por si soas non serán capaces de dar resposta ás necesidades" dos sectores da poboación máis necesitados e manifesta que un Parlamento galego "que volve á foto de antes de 2012 con chamamentos a un suposto diálogo" e a presenza dos seus exsocios de Unidas Podemos "á esquerda do PSOE" no Goberno central "non chega para conseguir os cambios suficientes".

"Temos que conseguir a forza orgánica necesaria para participar nesas frontes e, ao mesmo tempo, realizar en paralelo o traballo de diálogo político para participar activamente na resposta social e nas alternativas a esta crise", di Anova, que sinala que o seu camiño de "reconstrución" realizarase "desde abaixo, progresivamente e cunha reflexión que acompañe a dinámica de acción política".

Temas: ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 Manuel de Fontelide e Golmar

Narciso Beiras, Martinho Gorritas, estades mortos politicamente n’esta terra despois de reventar todo o que tocachedes. Deixade de foder, deixade o timón ao Bloque.

1 Gamela

O malo dese timón é que non o leva o BNG... O perigo está nas mans das UPG ! Pero se de verdade queredes darlle á volta a esta lexislatura aínda estamos a tempo... https://twitter.com/00Gamela/status... Ou reclamar unha Renda Básica Incondicional é demasié para Néstor Rego ?

13 nostrus

Recordo nunha ocasion en que Beiras nun mitin dicia "si cando gobernemos non o facemos ben, botádenos a pedradas". Sendo coherentes e facendolle caso as suas verbas ¿sería lexitimo apedrear a Beiras por calquera que considerara que o fai mal?. Por suposto que non. e debemos considerar as palabras de Beiras como unha mais das suas paisadas das moitas que ten dito. Algo semellante lle sucede ao seu amigo e camarada Iglesias que se fartou de propagar o xarope democrático que agora lle toca saborear de mala gana. Aos can-tamañanas hai que facerlle o mesmo caso que aos falsos profetas e vendedores de crecepelo que todo o saben e non saben nada.

12 Non temos remedio

Por qué o PP arrasa??, pois en grande medida porque non utiliza expresións como "reconstrución orgánica cos continxentes municipalistas" ou "reflexión que acompañe a dinámica de acción política". Non é chinés... dependendo a quén se lle solte, para esa grande masa social xubilada sí o é, a maioría non se enterarían. O PP arrasa porque lles fala con frases simples, masticadas, e aínda que sexa falsas, son as únicas que entende o votante medio. Certo que haberá máis causas, pero ésta de toda a vida estivo aí, "tecnicismos" da esquerda fronte a "rusticismos" da dereita.

1 Gamela

Certo e moi atinado comentario ! Temos unha esquerda que fala RARO RARO... En cambio cando leva unha boa ostia enténdeselle bastante mellor... https://twitter.com/00Gamela/status... Será que na casa imos de sibaritas de corredoira para marcar diferencias co pobo ao que pertencemos todos ? Será que a impronta do Beiras marca a redacción dos comunicados ? Será que non saben escribir para a xente do común ? Será...

11 STOP PANDEMIOS

O vello innomeable e o "chaman" de santiAGE de compoñendas... estan sen mascara sanitaria, solicito unha investigación policial dos feitos delictivos e unha gran multa os dous elementos refractarios... que van reconstruir.... pero que van reconstruir se eles mesmos arrasaron con todo e con todos... xa basta de cousas sinistras na patria Galega, a anovación non e mais cunha colección de horrores inusitados... E ONDE ESTA A AUTOCRITICA DAS ELECCIONS!!!! ONDE!!!!

10 Sentidiño

Que organicen "espazos de encontro" con nostrus, Gamela e Jácome.

1 Gamela

Non sei se terás algo que ver con CERNA pero as túas últimas intervencións semellan destilar certo odio á liberdade de prensa e de información e opinión (?) https://i.gal/gamela03 Para mellorar as cousas podes comezar por darte de alta en GCPlus, 48 € ao ano non te van facer máis pobre e ao mellor defendes mellor as túas posicións "reaccionarias" (?) Non comprendo ben por que me citas neste comentario, pero agradecido pola publicidade gratuíta... Hoxe vai calor dabondo para seguir falando!

2 Sentidiño

Falaba de broma, e recoñezo que esta foi de mal gusto. Pido desculpas.

3 Gamela

Saúde e Boa Fortuna !