Un novo brote de COVID no concello ourensán de Muiños suma catro casos

O brote de orixe social en Ourense comunicado o pasado día 4 aumenta de 8 a 10 positivos, tras o diagnóstico dunha moza de 18 anos e dun de 15.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/09/2020 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Ourense informou dun novo brote de coronavirus detectado no concello de Muiños, con catro casos, entre eles o dunha muller de 85 anos que está ingresada. Os outros tres afectados (outra muller de 66 anos e dous homes de 72 e 42 anos) están a seguimento no seu domicilio.

Por outra banda, as autoridades sanitarias informan o aumento de casos no brote de Verín, que pasa de seis a oito persoas diagnosticadas: unha moza de 16 anos e un mozo de 19.

O brote de orixe social en Ourense comunicado o pasado día 4 aumenta de 8 a 10 positivos, tras o diagnóstico dunha moza de 18 anos e dun de 15.

Finalmente, o brote detectado en Ourense de orixe familiar tamén pasa de sete a oito casos, co novo positivo dun home de 41 anos.

Realización de probas PCR. UCV
Realización de probas PCR. UCV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta