Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/09/2020 | Actualizada ás 21:45
Un novo caso por COVID foi detectado na oficina de Correos situada no edificio administrativo da Xunta en Santiago. Medicina Preventiva do SERGAS confirmou este punto a Galicia Confidencial e que se aplicaron os protocolos necesarios.
Correos tamén informou a Galicia Confidencial que despois da detección dun caso postivo por COVID-19 nas instalacións de San Caetano, activouse o protocolo establecido. Isto incluiu o peche das oficinias para a súa desinfección. Despois desta tarefa, Correos confirmou que o departamento postal está funcionando con normalidade cun novo cadro de persoal.
Seguindo o protocolo, todos os contactos directos do positivo en San Caetano sometéronse ás probas PCR. De momento non se rexistraron novos contaxios despois destas probas. Este novo caso dáse logo doutra serie de casos en oficinas postais en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.