Choiva de críticas sobre o telexornal da TVG por unha nova "manipulación pro-Feijóo"

Ducias de tuiteiros cargan contra a CRTV por sinalar que o "equilibrio, a solvencia" e a "estabilidade financeira" son "a marca de auga" dos gobernos do PP. "Non coñecen a vergoña", destaca un usuario.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Enésimo episodio de críticas contra a CRTVG por unha "manipulación" en favor do Goberno do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Nas últimas horas ducias de tuiteiros cargaron contra a actual xestión da televisión pública galega por unha información relativa á Xunta.

Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA

En poucas horas a publicación orixinal xa recibira múltiples mostras de rexeitamento, entre as que proliferaron as acusacións de "manipulación" informativa.

O episodio, que vén precedido por unha longa cadea de sucesos semellantes, foi aproveitado por algúns usuarios para tirar de humor ante unha situación posta en valor polo propio persoal da cadea nos chamados venres negros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

está ben a brincadeira, pero levamos tantos anos aturando a telegaita que parece mentira que alguén a tome en serio a estas alturas (?) O que deberamos facer é aproveitar as RR.SS. para mandar mensaxes que podan facer virar o mundo... e polo de agora eu non topei ninguén disposto a enviarlle este tipo de mensaxes a Feijoo (?) Lástima de bois ! Nin siquera ANOVA está pola labor... https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Celso vidal

Isto non e nada novo. De Feito, xa oubo xornalistas, que deixaron ha TVG, por non estar dacordo coas manipulacions, da TVG. o servicio do PP (donde están os cidadans) siguen arrasando,¡¡ EU solo sei, que non sei nada!!!