A Deputación da Coruña reclama que a Xunta invista "máis recursos" para os centros educativos

O executivo provincial chama a atención á Administración autonómica para implementar unha serie melloras e a asumir as súas competencias exclusivas en materia educativa ante "o fracaso da organización do curso escolar 2020-2021".

Por E.P. | A CORUÑA | 25/09/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña demandou á Xunta de Galicia "máis recursos e investimentos" nos centros eudcativos para garantir "a seguridade e a calidade" no ensino no actual curso académico.

Fíxoo a través de dúas mocións presentadas no pleno celebrado polo organismo provincial. Cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, aprobáronse as mocións do goberno provincial (PSOE-BNG) e Marea Atlántica.

Nelas, ínstase á Administración autonómica a implementar unha serie melloras e a asumir as súas competencias exclusivas en materia educativa ante "o fracaso da organización do curso escolar 2020-2021".

No debate das mocións, demandouse a contratación de máis persoal docente, reducir cociente de alumnos e desdobrar aulas. Fronte ás críticas dos demais grupos, o PP defendeu que a Xunta está "a facer o seu traballo e o Goberno do Estado non".

OUTROS ASUNTOS

O pleno tamén deu luz verde ao convenio co Concello de Betanzos para financiar a primeira fase das obras do Pasatempo, cun investimento de 525.000 euros, dos que a institución provincial achega o 80%.

Tamén se aprobou unha achega de 252.000 euros para financiar, en colaboración co Concello de Santiago, a primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas.

O pleno aprobou, así mesmo, con apoio de todos os grupos políticos, unha modificación dos pregos de contratación "que suporán importantes melloras para a dinamización económica e laboral no sector", explica a institución provincial.

Pleno da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta