O PSdeG quere "evitar a indefensión" de propietarios ante o "bum eólico" presentando iniciativas no Parlamento

A portavoz universitaria do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou iniciativas na Cámara para reclamar á Xunta a convocatoria en 2020 do programa de axudas á formación posdoctoral, posto que "deberían ser convocadas en xuño".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento galego, Pablo Arangüena, anunciou que levará á Cámara unha batería de iniciativas para "evitar a indefensión" dos propietarios de terreos fronte ao "bum eólico" que prepara a Xunta para a próxima "década", xa que quere pasar "de 3,5 a 8,5" megawatts de potencia nos parques instalados.

A través dun comunicado e despois de reunirse con responsables do Observatorio Eólico de Galicia e da Fundación Juana de Veiga, o deputado reclamou á Administración autonómica "as máximas garantías xurídicas e de transparencia" fronte a un sistema "deseñado 'ad hoc' para beneficiar a fondos voitre e grupos empresariais afíns ao PP".

É por iso que o Grupo Socialista, tal e como avanzou o seu viceportavoz, levará unha batería de iniciativas paralmentarias para "fomentar contratos-tipo" que "eviten a indefensión" dos propietarios e para "democratizar" o desenvolvemento eólico da Comunidade.

Seguidamente, Pablo Arangüena urxiu a "reconducir a situación" fronte a un Goberno galego instalado na "opacidade total" e que quere "seguir a senda perpetrada no seu día nas concesións das minicentrais hidroeléctricas" para beneficiar "a uns poucos afíns".

BOLSAS DE FORMACIÓN POSDOCTORAL

Por outra banda, a portavoz universitaria do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou iniciativas na Cámara para reclamar á Xunta a convocatoria en 2020 do programa de axudas á formación posdoctoral, posto que "deberían ser convocadas en xuño".

Así, a deputada sinala que outras institucións homólogas xa abriron programas semellantes en Europa "con todas as garantías sanitarias obrigadas" e "sempre que os centros de destino o permitan". De feito, advirte que manter o bloqueo "provoca ademais que as bolsas perdan atractivo cara ao persoal investigador".

O deputado do PSdeG Pablo Arangüena reúnese co Observatorio Eólico de Galicia e a Fundación Juana de Veiga.. PSDEG
O deputado do PSdeG Pablo Arangüena reúnese co Observatorio Eólico de Galicia e a Fundación Juana de Veiga.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta