A CNMV rexeita as contas de Pescanova e ameaza con sancións

O presidente da compañía viguesa, Fernández de Sousa, prestou a Pescanova só 9,3 dos 31,5 millóns de euros que se embolsou tras vender case a metade da súa participación antes da quebra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/04/2013 | Actualizada ás 01:17

Comparte esta noticia

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) volveu rexeitar por segunda vez as contas de Pescanova e ameaza con posibles sancións á empresa viguesa tras a entrega in extremis da súa contabilidade, case esgotado o prazo para presentalas. A CNMV considera que a información remitida por Pescanova "non foi elaborada de acordo cos estándares de contabilidade esixibles e, xa que logo, non se axusta ao requirido".

Barcos nas instalacións de Pescanova en Chapela-Redondela
Barcos nas instalacións de Pescanova en Chapela-Redondela | Fonte: Miguel Núñez

O supervisor bursátil comunicou ao grupo galego que, en virtude das facultades que lle atribúe a Lei do Mercado de Valores, monitorizará os traballos da auditoría forense contratada pola compañía, a consultora KPMG, "co obxecto de coñecer de forma continua os resultados das comprobaciones en relación coa situación patrimonial da empresa". Ademais, a CNMV podería intervir e substituír ao equipo xestor do grupo pesqueiro se non cumpre coas súas obrigas.

A CNMV salienta que os procedementos sancionadores que se puidesen derivar dos feitos anteriores ou calqueroutros relacionados coa situación de Pescanova "seguirán o seu curso de conformidade coa normativa de aplicación".

O pasado 11 de marzo, o supervisor bursátil xa ordenou abrir unha investigación para determinar "a existencia de posibles indicios de comportamentos de abuso de mercado" por parte de Pescanova, dos seus administradores ou de terceiras persoas.

Pescanova, que presentou este luns ante o Xulgado do Mercantil de Pontevedra a solicitude de concurso voluntario de acredores, podería incorrer en perdas, cunha débeda de 2.700 millóns de euros, que serían uns 1.200 millóns de euros máis do que figura no pasivo auditado (1.522 millóns de euros ao peche do terceiro trimestre de 2012), aínda que a CNMV non deu a coñecer a documentación remitida polo grupo.

Manuel Fernández de Sousa Faro, directivo de Pescanova, Zeltia e Pharmamar
Manuel Fernández de Sousa Faro, directivo de Pescanova, Zeltia e Pharmamar | Fonte:

As operacións ocultas do presidente

Tras anunciarse que o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, vendera case a metade da súa participación na compañía entre os meses de decembro de 2012 a febreiro de 2013 en operacións no mercado por 31,5 millóns de euros, para, segundo a propia empresa, "aportar liquidez", agora sábese que Sousa prestara 9,3 millóns de euros á compañía, a un interese do 5% anual, dos millóns que se embolsou coa venda ás costas do mercado destas accións.

O prazo para a súa amortización, segundo o contrato asinado, era de tres meses contados a partir do 7 de febreiro, segundo explicou a compañía, que sinalou que a CNMV foi informada da existencia deste préstamo este luns, data na que recibiu documentación sobre o mesmo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eueu

Assi funciona o PP, por dinheiro engana, distorce e vende a sua nai se for necessário...

1 Gamela

Quen é o responsable de mirar para outro lado na CNMV? Non contento con "estafar" ao Consello de Administración agora resulta que pretendía "cobrarse" un 5% a sí mesmo... SANTA AVARICIA, ORA PRO NOBIS!