Rajoy e Paco Vázquez, canda a ultradereita e máis de 180 personaxes que ofrecen o seu apoio a Felipe VI nun vídeo

Figuran xunto a Ayuso, Casado, Abascal, García-Page, Vargas Llosa ou Plácido Domingo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/10/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Un total de 183 personaxes de distintos eidos mostraron o seu apoio a Felipe VI nun vídeo promovido por Libres e Iguales dunha duración de 14 minutos, no que é constante a proclama 'Viva el rey', 'Viva la Constitución' e 'Viva España'.

Francisco Vázquez
Francisco Vázquez | Fonte: Europa Press

Entre estes, atópanse políticos galegos como o expresidente do Goberno Mariano Rajoy e o exalcalde da Coruña Francisco Vázquez, líderes de partidos como Pablo Casado, Inés Arrimadas ou o ultradereitista Santiago Abascal, xornalistas como Arcadi Espada, Carlos Herrera ou o tamén ultradereitista de Vox Herman Terstch, cantantes como Plácido Domingo, presidentes de comunidades autónomas como Isabel Díaz Ayuso ou Emiliano García-Page, toureiros como Francisco Rivera Ordóñez ou escritores como Mario Vargas Llosa.

"El 'Viva el rey' é unha expresión plural ao gran acordo constitucional de 1978 que hoxe está en perigo, que está a ser socavado", asegura a deputada do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, unha das promotoras da iniciativa, xunto ao filósofo Fernando Savater e o dramaturgo Albert Boadella. Os tres presentaron a iniciativa este domingo aos medios de comunicación a través dunha rolda de prensa en liña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Sentidiño

Na casa real non teñen ninguén intelixente? Porque a extrema dereita está a facerlles unha manobra envolvente, e non parece que se decaten... Deberían ir a Melilla e visitar o CIE, ou saudar con distancia social a xente das "tres mil viviendas". Abascal, Belén Esteban, Tamara, Plácido o acosador confeso, un torero, Hermann Terstch, Caxetana, Arcadi Espada,... non son boa compaña: repelen a maioría da xente. Iso sí, contribúen á simpatía pola república.

1 Gamela

Razón tes que existen certos "amigos" cos que non se precisa ter "inimigos" (?) Se cadra existe outra maneira de cambiar as cousas, se cadra máis doadas e con mellores resultados para todas ! https://twitter.com/00Gamela/status... Chámame iluso pero facer RT non é tan difícil e cicais lograsemos ir moito máis lonxe (?)

9 Ricardo R.

Muy bien hecho. Mientras tanto los marginales ladran, lo cual es la mejor señal de lo bien que vamos.

8 Fuico

Hasta hay gente decente de izquierdas. Afortunadamente en el BNG no saben de eso.

7 Baby baby

Plácido Domingo é o típico “caballero español”. Cortés y respetuoso con las mujeres. Se todos son así e son así ou “mellores”, non hai mellores apoios que eses

6 Maigh Eo

Con ver os personaxes chega para facer unha descrición de ejpañistán. En Europa mira que lles dán, nos tribunais, dicindo que o sistema xudicial é antediluviano, que hai tortura, que se incumpren os dereitos máis básicos... pero erre que erre, la pureza católica cabalga de nuevo. Eu menos mal que tamén teño pasaporte irlandés porque a veces paso vergoña con compatriotas estilo nostrus e violeta4. Tipos ridículos, dos que se rin deles e por derriba non se enteran...

1 nostrus

Si te avergüenzas de españoles como yo es porque te avergonzarias de ser leal y solidario, que es lo que yo intento aportar a este pais. Y que sepas que tú, con tu condicion de español, tambien colaboras a definir esta nación y que parte del rencor y desprecio que hay en ella es el que aportas tu y los demás aportamos el resto. España no es ni mas ni menos que la suma de todas las voluntades de los españoles. A mi tambien me dan asco los naciotas, los corruptos y los pederastas, pero no reniego de ellos y no dejo de considerarlos españoles con los mismos derechos que yo. Al final el conjunto de españoles es mejor que vosotros que tanto renegais y despotricais y si no os gusta la nacion, podeis aportar para mejorarla, pero no es necesario renegar de ella.