Temas: MúSICA

Pony Bravo, Guerrera e Toundra en Santiago

A promotora santiaguesa Work On Sunday ofrecerá a terceira entrega do seu exitoso ciclo na Sala Capitol venres 3 de maio ás 20.30h e o seu cartel estará integrado por Guerrera, os madrileños Toundra e os sevillanos Pony Bravo, e celebrarase o venres 3 de maio. As entradas están á venda 12 euros anticipada e 15 euros na billeteira.

Por GC Tendencias | Santiago | 02/05/2013 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Para o terceiro capítulo de TriCiclo, os invitados son algunhas das máis sobresaintes propostas do panorama independente galego e nacional. Veñen visitarnos, desde Madrid, Toundra. Difícil achegar algo de información nova sobre a banda que está a armar o maior balbordo na escena independente dos últimos anos. O seu aturdidor cóctel postrockero pode presumir, ademais, daquilo do que adoecían moitas formacións nun pasado non tan afastado: un directo irresistible, que emociona e multiplica seguidores, arrasando alá por onde pasa.

Guerrera tocando na Iguana de Vigo
Guerrera tocando na Iguana de Vigo

Acompañaranlles, neste caso, os sevillanos Pony Bravo. Tamén é complicado poder dicir algo novo sobre eles: tal é a expectación que lles precede. Despois de chamar a atención con "Si bajo de espaldas no me da miedo" e facela crecer con "Un gramo de fé", están a piques de publicar o seu terceiro álbum, o LP "De Palmas y Cacería".

Guerrera, coa seu recentemente publicado e autoeditado LP de debut debaixo do brazo, representan a gran esperanza psicodélica galega. Con ilustres membros provenientes dalgunhas das formacións máis celebradas do underground español (Holywater, Ictus, Desert Icons...) e unha forte influencia blues, os seus concertos non fan máis que obrigar a crecer unha proposta que non podiamos deixar escapar.

Work On Sunday dá así continuidade ao seu pequeno gran proxecto que, por un cambio de data sobre o plan de xira de Endless Boogie, previstos inicialmente, obrigou á productora a cambiar programa, día e localización desta terceira entrega de TriCiclo (previsto inicialmente para o 13 de abril na Zona C). Os compradores do abono de triCiclo quedan convidados ao novo evento e a outros da promotora, 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta