Mariscadores da ría de Ferrol protagonizan unha caravana para demandar solucións á escaseza de marisco

A produción se reduciu "en aproximadamente un 90% de dous anos a esta parte", din.

Por E.P. | Ferrol | 22/10/2020 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Uns cen vehículos participaron este xoves nunha caravana automobilística para demandar solucións á escaseza de marisco na ría de Ferrol. Unha marcha convocada polas confrarías de Ferrol, Barallobre (Fene) e Mugardos e que transcorreu polas estradas dos cinco concellos bañados por augas desta ría.

Ría de Ferrol.
Ría de Ferrol.

A marcha comezou arredor das 13,00 horas na zona da Malata, en Ferrol, para continuar posteriormente por estradas de Narón, Neda, Fene e Mugardos, e finalizar ante a sede da Confraría.

O patrón maior do depósito de Barallobre, Jorge López, apuntou que a convocatoria "foi un éxito en canto á participación", cre que terán que "endurecer as medidas de protesta".

Jorge López destacou que os mariscadores das tres confrarías constatan a diario a falta de marisco nos bancos, sen ter aínda unha solución que permita atallar o problema ao conxunto dos traballadores. Neste sentido, tanto un paro biolóxico como un cesamento de actividade "só podería ser gozado por uns poucos profesionais".

"Isto é un problema do conxunto da xente do mar e que por tanto a Xunta e o Goberno central teñen que buscar unha solución para o conxunto da ría de Ferrol".

O patrón maior da confraría fenesa lembrou que a produción se reduciu "en aproximadamente un 90% de dous anos a esta parte" e que algúns profesionais "son incapaces de recoller nin tan sequera un quilogramo de ameixa", lembrando que hai anos o banco marisqueiro das Pías, "era un dos máis produtivos de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta