Asociacións de ocio nocturno de Galicia piden á Xunta unha folla de ruta que garanta "a volta ao traballo"

Reivindican a seguridade que ofrece a súa actividade fronte ás reunións privadas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Representantes do ocio nocturno en Galicia pediron establecer coa Xunta unha folla de ruta que garanta "a volta ao traballo" dunha forma "paulatina, rápida e segura" e reivindicaron a seguridade que ofrece da súa actividade fronte ás reunións privadas.

Asociacións do lecer nocturno reúnense por videoconferencia
Asociacións do lecer nocturno reúnense por videoconferencia | Fonte: Europa Press

Os principais representantes do lecer nocturno en Galicia reuníronse este xoves de forma telemática, convocados por iniciativa das asociacións Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, para analizar a situación económica que atravesa o sector pola pandemia da covid-19 e pór en común propostas e medidas.

Os representantes do lecer nocturno galego afirman que a súa actividade é "segura" e que levan a cabo unha serie de medidas de control, como o uso da máscara, a distancia de seguridade ou do control da capacidade, cuestión que "non ocorre nas reunións de tipo privado" que, segundo sinalan, "están a producirse de forma masiva desde o peche dos seus negocios a mediados de agosto".

De feito, censuran que, desde que se aprobou o peche dos locais á 1 da madrugada, non se conseguiu conter a propagación do virus, "senón todo o contrario".

Os representantes do ocio nocturno galego acordaron volver reunirse proximamente para seguir analizando as demandas presentadas polas distintas entidades --tales como a solicitude de axudas directas, a exención nas cotas da seguridade social e de taxas municipais e autonómicas ata o verán de 2021 ou a redución do IVE ata o 7%-- e tratar de chegar a un consenso.

Na reunión por videoconferencia participaron, ademais das entidades convocantes, representantes das asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra-Vigo; Galicia de Noite; a Asociación Galega de Salas de Música, Clubtura; e a Federación de Empresarios de salas de festas, baile e discotecas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta