200 sanitarios traballaron esta noite en tres enxertos de órganos sólidos no Chuac

Tratouse dun enxerto renal, outro hepato-renal e un enxerto pulmonar.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/10/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O equipo de transplantes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou esta pasada noite tres enxertos de órganos sólidos, un deles dobre, dos que se beneficiaron tres pacientes.

Segundo informa, "máis de 200 profesionais estiveron a traballar toda a noite para que este traballo tivese éxito". Os transplantes realizados polos profesionais do Chuac foron: un enxerto renal, outro hepato-renal e un enxerto pulmonar.

O Chuac destaca a solidariedade das familias que os doaron e o traballo dos profesionais do centro hospitalario. "Este labor non sería posible sen a implicación dos equipos multidisciplinares que forman urólogos, cirurxáns xerais e torácicos".

A eles, suma o traballo de nefrólogos, hepatólogos, neumólogos e anestesistas, ademais do persoal que traballa nas unidades de reanimación e coidados intensivos, o persoal de enfermaría e servizos xerais do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Imaxe de arquivo dun transplante renal
Imaxe de arquivo dun transplante renal | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta