Co idioma non se xoga

Supoño que para determinados sectores da nosa sociedade, as leas que provocan algúns dos seus distinguidos actores principais co idioma nai desta terra, son cuestións que pasan de largo ante outro tipo de prioridades nestes tempos, como é a propia supervivencia.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 13/05/2013

Comparte esta noticia
Precisamente ese tipo de visións reducionistas sobre o idioma, veñen de aqueles mesmos incapaces de darse conta dunha riqueza inmensa como é o galego, desprezado por acomplexados imbéciles e escuros. Claro que, o que non é intelixente, é darlle armas arreboladizas a eses mesmos, dende os sectores que fan un traballo inxente, -e ás veces non comprendido-, para protexer un idioma tan tristemente atacado. As declaracións do presidente da Real Academia Galega da Lingua, Alonso Montero, contra o BNG son absolutamente innecesarias, cando non improcedentes, porque fomentan a sensación de fractura entre entes que teñen un mesmo obxectivo con respecto ao noso idioma.
 
Co BNG a este respecto, teño a sensación de que moitos galegos contemplan o seu modus operandi , como se dunha moeda se tratase. Por un lado a “cruz” de tentar patrimonializar unha teima que compartimos moitos que non militamos nesa organización, abusando da presenza da súa simboloxía en actos públicos que teoricamente son convocados por asociacións independentes, o que provoca un efecto contraproducente en moitos que compartindo a reivindicación non queren ser parte dunha presunta utilización partidaria. En algunhas manifestacións de defensa da lingua isto último chegou a ser, a ollos de moitos observadores, un elemento disuasorio da loita común. Mais o xusto é recoñecer a “cara” da moeda, e dicir, que mentres outros dedicábanse a mirar aos biosbardos, o BNG leva dende que existe traballando arreo na protección do idioma, e sendo vixía de tanta afronta e tanta inmundicia contra el.
Por todo iso, o presidente da RAG debe reflexionar e ver se é xusto e proporcional un ataque dese calado, a unha organización política exemplar na defensa do que el en teoría debería ser o seu faro. Porque moitos no galeguismo temos claro que aínda que determinadas cuestións de utilización política non nos gusten, sempre imos estar a carón dos que levan moitos anos partíndose a faciana polo idioma, mentres os escuros fan vergoñentas ofertas florais ao pai da patria en Bonaval, ao mesmo tempo que destrúen o seu legado cun sorriso…
 
Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rafael Cuiña Aparicio Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.