Baixan á metade os novos casos de coronavirus con respecto a hai unha semana

Hai 399 novos contaxiados en Galicia, aínda que o número de activos segue por riba dos 10.000.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus Covid-19 volveron a descender por segundo día consecutivo en Galicia tras rexistrarse máis altas --486-- que contaxios --399--, deles 395 confirmados por PCR nas últimas 24 horas-- e sitúanse en 10.015. Deste xeito, a cifras baixan considerablemente con respecto a hai unha semana, cando os casos chegaron a aproximarse aos 800.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, dos que se desprende que os positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas ascenden a 108 na área sanitaria da Coruña e Cee, seguida dos 65 na de Pontevedra; 60 na de Lugo; 57 na de Vigo; 51 na de Santiago; 29 na de Ourense e 25 na de Ferrol.

Os casos activos de Covid-19 descenden en todas as áreas sanitarias galegas, salvo nas da Coruña e Cee, onde aumentan ata os 1.887 --19 máis que este domingo--, e na de Pontevedra e O Salnés, que conta con 1.254 --22 máis--.

Por contra, baixan na de Vigo a 2.469 --34 menos--; a 1.209 na de Santiago e Barbanza --17 menos--; a 1.116 na de Lugo --11 menos--; a 1.035 na de Ourense --47 menos--; e a 1.045 na de Ferrol --26 menos--. Ata a data curáronse en Galicia 31.148 persoas, o que supón 486 máis que as contabilizadas este domingo. E realizáronse 752.416 PCR, 5.779 máis que as feitas ata a xornada anterior.

FALECIDOS

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse con Covid-19 un total de 42.150 persoas e faleceron 988, delas as últimas sete vítimas foron notificadas por Sanidade na tarde deste domingo, tres delas vinculadas a residencias de maiores.

Un home pasa á beira dun establecemento pechado en Santiago.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un home pasa á beira dun establecemento pechado en Santiago.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta