Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 14/11/2020 | Actualizada ás 21:30
As restricións á mobilidade nocturna decretadas polo Estado español tras a declaración do ‘estado de alarma’ pode que teñan intencións máis sutís e soterradas como a ‘europeización’ de países de carácter latino, relaxado e trasnoitador.
Expertos de diferentes disciplinas como as relacións internacionais, a socioloxía, a antropoloxía ou a psicoloxía están a traballar nun informe encamiñado a desvelar as verdadeiras intencións de reaccións políticas como o “toque de queda” ou a “culpabilización da hostalería”. Tras unhas primeiras conclusións, non concluíntes, entenden que detrás destas medidas executivas poida estar un golpe de porca máis de cara a unificar hábitos de vida europeos. A finalidade real e última sería ir inculcando en culturas como a galega e a española a disciplina horaria para evitar os excesos de trasnoitar, excesos que inciden, segundo afirman, na produtividade laboral e nos custes da sanidade pública.
Xunto con estas restricións horarias para saír da casa habería que relacionar tamén os peches da hostalería en cidades e vilas co pretexto de que son focos de contaxio do Covid-19. Previsiblemente, a presión económica levará ao peche de moitos negocios e a un reaxuste no número de bares e restaurantes que temos, excesivo e esaxerado segundo veñen dicindo dende hai anos dende a Comisión Europea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.