A crise golpea Galicia: o PIB galego caerá un 10,4% e perderanse 20.000 empregos en 2020

Un informe do BBVA REsearch estima que a economía galega poderá recuperar o seu nivel precrisis a partir de 2022, pero o emprego "tardará máis".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/11/2020 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A crise galega será moi acusada este 2020. Así o estima un informe do BBVA Research que prevé que a actividade en Galicia se reduza un 10,4% en 2020 e creza un 6,2% en 2021, o que suporía a destrución de case 20.000 postos de traballo no bienio e o aumento da taxa de paro en 2,2 puntos porcentuais ata alcanzar o 14% o ano que vén.

A "forte contracción" da economía galega no actual exercicio explícaa polas medidas de confinamento aplicadas, as restricións sobre a demanda interna, a redución intensa do gasto en bens e servizos producidos internamente, as dificultades do sector exportador e industrial e a desaceleración en Europa.

En todo caso, segundo explicou nunha rolda de prensa telemática o economista xefe en España de BBVA Research, Miguel Cardoso, a maior parte dos riscos supoñen un rumbo á baixa nas previsións.

O último informe 'Situación Galicia', presentado xunto á directora do territorial noroeste de BBVA, Marta Alonso, sinala que a actividade económica no Galicia en 2020 "podería reducirse ata o 10,4%", o que supón un impacto da crise menor que no conxunto da economía española.

Por sectores, o consumo en restauración, lecer e turismo experimentou contracción "máis intensa". Pola contra, o gasto en alimentación acelerouse e BBVA observa un impulso do comercio electrónico e de produtos e servizos de saúde.

Neste escenario, o menor peso dos sectores de consumo social na economía galega explica a menor caída do PIB galego fronte ao de España. Desde mediados de maio, a flexibilización das restricións de mobilidade e a apertura de negocios apoiaron unha "intensa recuperación" económica, do 15,3% no terceiro trimestre respecto ao anterior.

A isto, BBVA engade o "notable impulso fiscal e do crédito" en España e Galicia. Neste sentido, destaca o investimento de 1.800 millóns de euros da Xunta a través do plan de reactivación e dinamización, co que busca mobilizar 3.000 millóns de euros.

RECUPERACIÓN

Os recentes rebrotes e as medidas restritivas adoptadas nas últimas semanas manteñen, segundo BBVA, "a incerteza elevada", polo que a expectativa de recuperación "modérase" para os próximos trimestres, tanto en Galicia como en España. Neste contexto, BBVA Research prevé para 2021 un aumento do PIB galego do 6,2%, o que supón unha recuperación "marXinalmente maior" que a do conxunto estatal.

No entanto, advirte de que "este crecemento non sería suficiente para recuperar o nivel de actividade previo á crise, que se manterá aínda un 4,8% por baixo do observado ao peche de 2019". O informe estima que a economía galega poderá recuperar o seu nivel precrisis a partir de 2022, pero o emprego "tardará máis".

Un gráfico do estudo de BBVA Research sobre a situación da economía galega. BBVA RESEARCH
Un gráfico do estudo de BBVA Research sobre a situación da economía galega. BBVA RESEARCH | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta