Expedientan a tres cargos de XSG tras o último congreso

Afrontan unha suspensión de militancia polas críticas publicadas en redes sociais logo da victoria de Aitor Bouza. O novo secretario xeral nega que exista "caza de bruxas" e salienta que a súa executiva "garantirá os dereitos de todos os militantes".

Por Xurxo Salgado | Pontevedra | 21/05/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As feridas abertas en Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) tras o seu último congreso, lonxe de cicatrizarse, abren cada día máis. Logo das denuncias do sector crítico de "chanchullos" durante o proceso, a Executiva Federal de Juventudes Socialistas de España decidiu tomar cartas no asunto e expedientou a tres militantes e cargos de XSG por airear as diferencias a través das redes sociais.

"É unha caza de bruxas en toda regra", queixanse fontes da agrupación xuvenil do PSdeG que se puxeron en contacto con GC para denunciar que a Executiva galega de Xuventudes, co apoio da Executiva federal, "están limpando pouco a pouco ao grupo opositor" a Aitor Bouza, o novo secretario xeral de XSG.

Cargos expedientados

E é que entre os expedientados están a antigua secretaria de Organización de XSG e secretaria xeral da formación en Poio, Vanesa Gómez Fernández; o secretario xeral de XSG en Vilagarcía, Félix González Ínsua e a militante de Poio, Sandra Torres Diz. "A Executiva galega e a federal levan meses aliados e interesalle laminar aos críticos", queixanse.

Os afectados teñen ata o vindeiro 23 para presentar alegacións e, de momento, foron suspendidos de militancia. Unha medida, que de non prosperar as súas defensas, pode durar entre un mes e un ano. "Probablemente caia o máximo da pena porque así terán tempo a laminarnos", indican. E é que, coa sanción de Vanesa Gómez e Féliz González, tamén cae a súa executiva local polo que será unha xestora quen se encargue da agrupación local e convocará unhas novas eleccións ás que eles non se poderán presentar. "É unha forma rápida de quitarse a xente de enriba", din.

Críticas "sen sentido"

Sen embargo, para o novo secretario xeral de XSG estas críticas non teñen "sentido". "Simplemente se lles abriu un expedinete que sigue os cauces habilitados por Xuventudes para a súa resolución. Hai un Comité de Garantías que se encargará de estudar os caso", sinala. Sen embargo, os afectados trasladaron o seu caso ao Comité Nacional galego.

"Aquí non se está producindo ningunha caza de bruxas. Trátase dun proceso orgánico que o está levando a Executiva Federal de Juventudes polos seus cauces regulamentarios", insiste Aitor Bouza en declaracións a GC.

O novo secretario xeral de XSG critica que se tente "mentir" á opinión pública e cualifica de "vergoñento" que un proceso "privado" acabe nos medios de comunicación. "Nós non avivamos o lume e seguimos traballando porque esta Executiva vai a garantir os dereitos de todos os militantes", conclúe.

Vanesa Gómez, ex secretaria de Organización de XSG, e agora expedientada, durante a presentación do último congreso desta formación en Poio
Vanesa Gómez, ex secretaria de Organización de XSG, e agora expedientada, durante a presentación do último congreso desta formación en Poio | Fonte: Pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gatocan

Parece que hai xente que leva mal o de perder, e non só de Xuventudes.

3 UndeAnova

Os pachistas comezan fortes querendo eliminar aos sector galeguista. Estos xa parecen a UPG

2 Spidercan

O que non entendo é porqué non expedientaron a Francico Vázquez. Cousas ten a vida que os mediocres nunca entenderemos.

1 Ignacio Fernández Yáñez

Rapaces!