O alcalde de Vilaboa dá positivo por COVID-19

Tivo unha xuntanza co equipo de goberno o pasado luns pero descartase facerlle probas PCR ao resto de edís "porque non teñen sintomatoloxía".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/11/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilaboa, César Poza, deu un resultado positivo por COVID-19 tras someterse a unha proba PCR, polo que se ausentará do Concello durante os próximos días.

En concreto, o rexedor foi o único caso positivo detectado ata o momento no grupo de goberno, que este luns mantivo a súa reunión de traballo habitual, segundo trasladaron este venres fontes do Consistorio.

Dado que presenta unha síntomatoloxía "leve" e "atópase ben", César Poza continuará o seu traballo desde o seu domilicio, onde seguirá as instrucións sanitarias establecidas para pacientes de COVID-19 en seguimento. Deste xeito, a Alcaldía manterá o seu funcionamento "ao mesmo ritmo".

Ademais, polo momento, non se requiriu que os demais membros do grupo de goberno, que non presentan síntomas, se somentan ás probas PCR ou a un illamento domiciliario, segundo confirmaron fontes municipais a Europa Press.

Aínda que se descoñece en que circunstancias se contaxiou o rexedor, o Concello de Vilaboa remarcou a importancia do cumprimento das medidas de protección establecidas para evitar que a propagación da COVID-19 "sexa maior".

Casa Consistorial de Vilaboa
Casa Consistorial de Vilaboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta