Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/01/2006 | Actualizada ás 22:12
Tamén se viu moito a Baltar, aínda que non estaban tan exhultante como nos anteriores congresos. De feito, o de Ourense tamén perdou moito nas negociacións, comezando pola súa independencia, algo que se comprobou nos postos executivos.
Outro que perde, e non só influencia, senon amigos, é Xosé Manuel Barreiro. O de Lugo tivo roces con Cacharro Pardo que se fixeron patentes nalgúns momentos do congreso. Segundo informaron a este medio, Barreiro non xogou limpo nas negociacións con Feijoo e, ó parecer, buscou máis o "beneficio persoal" que o beneficio dos seus compañeiros de candidatura. Algúns deles, como o ex conselleiro de Agricultura, Santiso Miramontes, non llo perdoan.
A xogada en Lugo é dobremente satisfactoria para Feijo. Pactou con Barreiro a fin do cacharrismo, pero isto supón divisións en Lugo das que, sen dúbida, se vai beneficiar o novo presidente popular.
No Congreso non estivo Cuiña, pero si algúns dos seus grandes colaboradores. De feito, os máis de 80 votos en branco son, na súa maior parte, dos cuiñistas. Aínda que tamén hai quen di que algún destacado "lopez veiguista" tamén amosou a súa contrariedade coa actual dirección. O propio López Veiga, que asistiu ó cónclave e mesmo recibiu numerosas felicitación, queixouse do pacto entre Feijoo e Baltar porque, "en parte, supón a continuidade das formas de facer política de Cuiña".
Ademáis das estrelas locais, houbo moitas caras da política nacional, a máis sorpresiva foi a de Álvarez Cascos, que quixo estar presente na despedida dun dos seus grandes valedores e amigo, Manuel Fraga. O xa ex presidente popular foi o máis ovacionado aínda que os aplausos tiveron máis de despedida que de recoñecemento. Finalmente, don Manuel marcha a Madrid, porque, segundo os seus, non quere ser un "estorbo" na nova política de Núñez Feijoo.
O congreso non rematou con Baltar tocando o trombón, nin cunha paparota de empanada e viño do país. Rematou con Rajoy e Feijoo sobre o escenario e co disgusto de moitos compromisarios ós que a Policía Local de Santiago multou e retirou os seus veículos por estar mal estacionados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.