Só o 23% dos citados no segundo cribado de Ribeira acode a facer a proba

Esta é unha das localidades que se atopan no punto de mira do comité clínico ante a súa situación epidemiolóxica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Só o 23,6% dos citados na segunda chamada do cribado realizado en Ribeira este fin de semana acudiron a realizarse a proba para saber se teñen covid-19.

O obxectivo desta nova convocatoria era ofrecer unha segunda oportunidade ás persoas que o pasado fin de semana non participaron no cribado de coronavirus centrado no tramo de idade de entre 40 e 50 anos.

Así as cousas, dos 720 citados só acudiron a facer a proba 170. A pasada semana chegouse ao 64,77% ao asistir á cita 3.239 ribeirenses.

Ribeira é unha das localidades que se atopan no punto de mira do comité clínico ante a súa situación epidemiolóxica. O pasado venres, Sanidade decidiu elevar o grao de atención sobre o municipio barbancés, aínda que se mantén o nivel 2 de restricións.

Sanitarios traballando durante as probas de cribado de covid-19 con test de antígenos en pavillóns deportivos da cidade. No Pavillón Deportivo Piñeiro Montano. En Sevilla (Andalucía, España), a 28 de outubro de 2020.. María José López - Europa Press
Sanitarios traballando durante as probas de cribado de covid-19 con test de antígenos en pavillóns deportivos da cidade. No Pavillón Deportivo Piñeiro Montano. En Sevilla (Andalucía, España), a 28 de outubro de 2020.. María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta