Por E.P. | CORUÑA, A | 02/12/2020 | Actualizada ás 19:10
O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este mércores, autorizar máis de 6,6 millóns de euros de gasto para a reforma de varias rúas, axudas e contratación de servizos.
Segundo informa o goberno local, tamén se deu luz verde á convocatoria de axudas destinadas as melloras da eficiencia enerxética e de accesibilidade en vivendas por un importe de 2,6 millóns de euros, no marco da ordenanza municipal de concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas aprobada en outubro.
Tamén se autorizou ampliar a partida destinada a bolsas para deportistas individuais que pasa de 62.500 euros a 122.500 euros, e a subscrición dun convenio coa Academia Galega do Audiovisual para contribuír aos gastos xerais da entidade e os derivados das actividades do festival Filme Commision.
Ademais, na sesión deste mércores, autorizouse o proxecto de reforma e remodelación da contorna do mercado de San Agustín. A actuación, que conta cun orzamento de 822.579 euros, forma parte dos proxectos da estratexia Eidus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.