Críticas a un colexio de Santiago por ter aos alumnos nas aulas durante o recreo en plena pandemia

Unhas obras impiden aos rapaces de 3, 4 e 5 anos saír ao patio nos días de choiva; segundo os pais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Reactívanse as denuncias pola situación do alumnado nas aulas dos centros públicos galegos. Logo de varias semanas de relativa calma, as familias do CEIP de Roxos, situado na contorna de Santiago, veñen de alzar a voz contra unha problemática construtiva que podería ameazar a saúde dos seus fillos e fillas. Segundo destacan, o inicio dunha obra para ampliar as aulas dispoñibles está a provocar que parte dos alumnos do centro teñan que pasar os recreos en lugares pechados.

CEIP de Roxos, na comarca de Santiago
CEIP de Roxos, na comarca de Santiago

De acordo coa versión das familias, en xullo de 2019 arrincou a construción de tres novas aulas no CEIP de Roxos. Estas, subliñan, irían localizadas "no que era ata ese momento o patio cuberto de Educación Infantil", polo que a obra "supuxo perder este espazo, xa que  non se planificou cubrir no seu lugar outra zona". A problemática chega cando, no curso da pandemia, os nenos e nenas de tres, catro e cinco anos se ven obrigados a pasar no interior das aulas o tempo de recreo pola choiva. 

A problemática arrinca porque o espazo é, a ollos das familias, "claramente escaso". Esta circunstancia, á parte de "limitar" o xogo neste tempo de lecer, implica unha notable problemática no tocante á actual situación de pandemia; xa que abre a porta aínda máis a transmisión do virus entre a rapazada, que por riba adoitan ser portadores asintomáticos do patóxeno.

SEN RESPOSTA DA ADMINISTRACIÓN

Ante estas circunstancias, as familias --que denuncian a "falta de resposta" da administración-- reclaman que se volva cubrir parte do patio do edificio de educación infantil. En liñas paralelas, demandan unha planificación da obra que teña en conta o número de alumnos e que, por riba, incida nunha modernización de espazos do edificio máis antigo, que conta xa con 40 anos ás súas costas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta