Ábalos di que o "desenlace da crise" será "diferente" ao de 2008 pola "resposta europea"

Di que ata a data "xa se fixeron as cousas dun modo diferente" aos da enterior crise.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, destacou que o "desenlace" da actual crise sanitaria será "diferente" ao da de 2008 pola "resposta europea distinta", que mostrou "máis impulso que restricións".

"Do mesmo xeito que os xestores de hai unha década, hoxe en 2020, tócanos tamén navegar en condicións moi difíciles, atravesamos unha crise de orixe sanitaria, a máis grave que se lembra desde a Guerra Civil", sostivo o ministro na súa visita ao viaduto de Treixeiras, en Laza (Ourense), onde asegurou que "non necesariamente todo ten que transcorrer como o vivimos hai unha década".

Na súa intervención, apelou a que "o desenlace desta crise e o que pode suceder en dous ou tres anos debe ser moi diferente porque pode ser moi diferente". "Contamos con elementos para dar unha saída distinta e mellor a esta crise e teñen que ser aproveitados", manifestou.

Deste xeito, o ministro aseverou que ata a data "xa se fixeron as cousas dun modo diferente" respondendo á situación "dun modo anticíclico e non procíclico, non a remolque dos problemas, senón todo o contrario". Así, incidiu en que a diferenza principal reside na resposta europea que "non foi como a vez anterior, esta vez si que hai toda unha política de impulso, de non restrinxir, de achegar máis recursos".

O ministro José Luis Ábalos
O ministro José Luis Ábalos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta